Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

20 de outubro de 2015

19 de outubro de 2015

A propaganda antisoviética e Stalin
(1ª Parte)



Rob Gowland
TheGuardian (Semanario obreiro do Partido Comunista de Australia)
14/10/15 
Traducido do inglés por Aqueloutras

 
Que sería da propaganda antisoviética sen Stalin como bode expiatorio? Vaites, seguramente aínda estaría entre nós, abofé. É unha potente arma dentro da munición da loita de clases, e os ideólogos do capitalismo úsana decotío. Cando a Unión Soviética existía, calquera nova sobre os seus logros e innovacións era suprimida sempre que fose posíbel. Cando non o era – como aconteceu, por exemplo, co Spútnik ou os avións soviéticos- botaban man do escarnio e a calumnia.

Cando era estudante lembro como un compañeiro de aula me contou que os estibadores foran á folga para arruinaren a economía e posibilitaren a chegada dos rusos e que estes tomasen o mando. Como teoría da conspiración é difícil de superar.  Mais toda esa desinformación promovida con coidado empezou a chegar ao pouco tempo do comezo da Revolución.

10 de outubro de 2015

Medra a opinión de que foi o medo aos soviéticos, máis que á bomba atómica, o que forzou a rendición de Xapón



Slodoban Lekic
Traducido do inglés por Aqueloutras


Mentres os Estados Unidos lanzaban as súas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945, 1.600.000 soldados soviéticos encetaban un ataque sorpresa contra o exército xaponés que ocupaba o leste de Asia. Aos poucos días, o exército que o emperador Hirohito tiña nesas costas, formado por un millón de soldados, colapsou. 

Foi un cambio transcendental na batalla do Pacífico da Segunda Guerra Mundial, aínda que eclipsado en boa parte nos libros de historia polas bombas atómicas guindadas sobre Hiroshima e Nagasaki nesa mesma semana hai agora 65 anos. Mais nos últimos anos algúns historiadores argumentan que a acción soviética foi tan eficaz como as bombas soviéticas, ou posibelmente máis, en lograr a fin da guerra.